Productos

Mel

O mel en Galicia. 

É un produto elaborado a partir do néctar das arbores e plantas, eucalipto, castiñeiro, silva e breixo. O mel pódese comercializar en diferentes formas; líquido, cristalizado ou cremoso, con ou sen os panales.

Este mel ten unha ampla gama de cores, desde o amarelo claro ata o ámbar intenso, dependendo da súa orixe floral. O sabor, en consecuencia, tamén depende do pole empregado no mel.

Cada paso da produción realízase de xeito artesanal, coa máxima semellanza das prácticas tradicionais, dende o manexo das colmeas, ata a extracción do mel e o seu envasado. 

Esta práctica,  fai que o mel en Galicia teña unha calidade e unhas características excepcionais, que permiten o mel conservar tódalas suas propiedades.

Aínda que o Mel de Galicia ten unha denominación única, podemos atopar diferentes sabores e texturas, dependendo das flores que lle dan a súa orixe.  Pero ademais, en Galicia prodúcense varios tipos de mel monoflorais

Mel de eucalipto

Eucalipto

O eucalipto, é a arbore maioritaria na costa galega, marcando a produción de mel na costa atlántica.

 Cor ámbar claro. Olor floral que polo xeral presenta toques a cera.

Sabor doce e lixeiramente ácedo. 

Zona de produción: Rías Baixas.

Mel de montaña

Montaña

 Nas zonas do interior, ademais do castiñeiro, a silva e as queirogas, breixo, plantas leguminosas e campanuláceas e, en menor medida, labiadas e crucíferas, condicionan a produción dun mel netamente diferente á da franxa costeira.

 Cor ámbar escuro.

 Presentan olor floral, vexetal ou ambos, dependendo da floración que o compoña.

Zona de producción: Soutos e serra de Ourense

núcleos 

Os núcleos de abellas son enxames artificiais creados polos apicultores. Normalmente para formar un núcleo, é necesario partir dunha colonia xa desenvolta da que se seleccionarán os panales.

O "núcleo" defínese como unha nova colonia de abellas formada por tres favos con crías de diferentes idades, dous favos con reservas de alimento (mel e pole), unha abella raíña do ano de formación do núcleo e un número de abellas suficiente para o desenvolvemento da nova colonia.

Utilízanse para xerar unha nova colmea.

Colmeas 

Unha colonia de abellas ou colmea pódese considerar como un grupo de insectos relacionados organizados de forma cooperativa. Os animais son independentes se os consideramos individualmente, pero son interdependentes e non poden sobrevivir sen a cooperación cos seus compañeiros de colonia.

As colonias de abellas están formadas por: a raíña, a obreira e zángano. Todos eles desenvólvense a partir do mesmo tipo de ovos. No caso da raíña e das obreiras, son ovos fecundados e a diferenza radica no tipo de alimento que reciben as larvas. No caso dos zánganos, os ovos non están fecundados.